This is a tumblelog, kinda like a blog but with short-form, mixed-media posts with stuff I like. Scroll down a bit to start reading, or a bit more to read more about me.

Alcalde de Teo
Tránsfuga: Persoa que con un cargo público non abandona este ao separarse do partido que o presentou como candidato.
Programa Electoral BNG de Teo (@martinhonoriega)
Como podedes ler, no @obloque non pedimos nada que @martinhonoriega non prometera.
Esta fotografía é un extracto do Programa do BNG de Teo, e é para alucinar visto agora.
Será que non se acorda e ao ler este post vai recapacitar… non o creo
Podedes ver o programa completo na seguinte ligazón
Un dos conceptos que levaban os de +Galiza, e que seguro compartían os Irmandiño, nas teses da XIII Asamblea Nacional do BNG é o de “democracia avanzada”, un concepto que eran incapaces de explicar. Agora si xa sei cal é a definición dese concepto: se non gano marcho.
A CIG considera que a reforma laboral é profundamente antiobreira e confirma a necesidade dunha contundente resposta social.
Denuncia que o PP “prégase ás demandas da banca e da grande patronal”
A Confederación Intersindical Galega considera que todas as medidas recollidas na reforma laboral van dirixidas a flexibilizar e abaratar o despedimento e as condicións laborais e proporcionar man de obra barata á patronal. A reforma pretende ademais debilitar a negociación colectiva, dividir aos traballadores e individualizar as relacións laborais. O secretario xeral, Suso Seixo, afirma que “vai provocar unha caída xeneralizada dos salarios, o empobrecemento da clase traballadora, máis desigualdades sociais e a exclusión social dos máis desfavorecidos”. Ante isto, a CIG considera que con todas as medidas que se veñen aplicando e agora con esta reforma laboral, a única resposta posíbel é a folga xeral.
Sectarismo mediático
Que La Voz de Galicia obvie a convocatoria de folga da CIG non sería novidade, a fin de contas é un medio de dereitas afín ao poder. Sin embargo, si fai referencia a ela. Que Praza Pública, un medio recén saído do forno, con vocación de ocupar un espazo no mundo do xornalismo en galego, con vocación de “público”, supoño que no sentido de dar cabida a todo tipo de opinións e noticias, ignore a convocatoria de folga que xeral que acaba de facer o maior sindicato nacionalista pero tamén galego, é un despiste monumental e dun sectarismo, que raia na paranoia.
Mal empezamos, Praza Pública, mal empezamos.
Que di isto é un catedrático de estrutura económica da Universidade de Santiago de Compostela, chámase Xosé Manuel Beiras.
Tantos anos estudando e analizando as políticas económicas que afectaron ao noso país que se levaron a cabo desde o Estado e a UE para ao final chegar a esta conclusión. Beiras é hoxe unha sombra do que foi.
Beiras sempre tivo unha incontinecia verbal propia dun neno pequeno, pero hoxe superouse a si propio ao dicir que Francisco Rodríguez vai a durar máis que Franco. Hai que recordarlle que o Secretario Xeral da UPG, e membro da actual executiva do BNG, foi elixido democraticamente pola militancia do seu partido e do BNG.
Sinceiramente, declaracións como a esta non axudan a que haxa un bo clima dentro do BNG, unhas declaracións que contrastan coas que fixo Jorquera, tamén para o mesmo medio, onde afirmou que “é un lastre para o BNG estar transmitindo sempre división”.
Beiras pídelle a Francisco Rodríguez renovación, pero el opta á portavocía do BNG con 76 anos. Hoxe Baltar retírase con 71. Sobran máis comentarios.